lunes, junio 16, 2025
InicioNewsActualidadeO CPA Condado, de Salvaterra, acada a medalla de ouro na Copa...

O CPA Condado, de Salvaterra, acada a medalla de ouro na Copa do Mundo de Patinaxe Artística

O equipo de Grupo Show Grande do CPA Condado, conformado por 24 patinadores, desprazouse a Reggio Emilia, en Italia, esta pasada fin de semana para competir na final da World Cup de Patinaxe Artístico onde acadaron a medalla de ouro.

O club salvaterrense, baixo a dirección do seu entrenador Edu Caride, interpretou a súa coreografía titulada «Bajo la Luz Roja«, unha proposta artística «inspirada na orixe da famosa canción «Roxanne». A actuación narra a historia dun home que, cautivado polo encanto dunha bailarina, imaxina un amor imposible que da lugar á creación do icónico tema musical» contan dende o club.

Finalmente, o xurado outorgou unha puntación de 30,08 puntos, colocando ao club galego no máis alto do podio, seguido polo CPA Maçanet de Cataluña e o grupo italiano DéjàVu.

Así, este triunfo consolida ao CPA Condado como un referente internacional no mundo da patinaxe artística, revalidando o seu éxito do 2023 cando o equipo se proclamou campión da Copa do Mundo na categoría de Grupos Show Pequenos, celebrada en Arxentina.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS