sábado, junio 14, 2025
InicioConcellos +A CañizaQue facer esta fin de semana nas comarcas: música, teatro e festa...

Que facer esta fin de semana nas comarcas: música, teatro e festa para esta segunda fin de semana de xuño

As comarcas do Condado, Paradanta, Louriña, Baixo Miño e Val Miñor énchense de actividades durante esta segunda fin de semana do mes de xuño.

Programación completa a continuación:

Sábado 14 de xuño

En Salvaterra, dan continuidade as Noites de Teatro da man da Asociación de Teatro Draminho.

A función dará comezo ás 22:00h na Casa da Cultura.

A Praza Bugallar de Ponteareas acollerá o concerto de ‘Budiño’ coa súa xira ‘Branca Vela’.

O evento dará comezo ás 22:00h.

Tamén en Ponteareas, será o último día para probar os petiscos da ruta ‘Sabores do Corpus’.

En Mondariz Balneario terá lugar un Mercado Artesanal con postos de bisutería, xoiaría, alimentación…

Os postos estarán abertos de dende as 10 ás 15 horas.

O Concello das Neves participará no percorrido poético denominado «A Galiza mail’o Mino» e a presentación do libro «Abraça-me de silêncios» de Elisabete Brito.

O punto de encontro será no Parque da Lodeira en Monçao.

En Covelo terá lugar o Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño en Barcia de Mera.

O evento dará comezo ás 20:00h.

Salceda de Caselas acollerá a festa na honra a Santa Bárbara con diversas actuacións musicais durante toda a xornada do sábado e do domingo.

No Rosal, terá lugar o XI Concerto Coral ‘Ecos do Verán’ coa participación de tres corais.

O evento dará comezo ás 20:30h na Igrexa Parroquial do Rosal.

Festa das Trincadeiras en Tomiño. Con xogos populares, cantina e actividades para toda a familia.

O evento dará comezo ás 11:30h e durará toda a xornada.

Tamén en Tomiño, terá lugar o ‘Orballo Cultural’.

O evento conta con entrada gratuita e a actuación de varios grupos e DJ. O primeiro concerto dará comezo ás 21:30h.

Domingo 15 de xuño

Ponteareas acollerá unha exhibición de Artes Maricias contaller de iniciación incluído.

Terá lugar no Pavillón Álvaro Pino a partir das 10:30h.

O Serradoiro de Carranos en Covelo volve con outra xornada de portas abertas.

Haberá catro pases con vinte e cinco prazas cada un deles.

No Concello da Cañiza terá lugar o Festival de Patinaxe.

O evento dará comezo no Pavillón das Touzosas de Valeixe ás 18:00h.

Tamén na Cañiza, terá lugar unha andaina con saída no Couto.

A duración aproximada é de dúas horas e media.

O alumnado da Escola de Teatro do Concello de Tomiño actuará no Auditorio Municipal de Goián coa obra ‘XL Pánico en Casa Pepe’.

O evento dará comezo ás 19:00h.

En Nigrán, o grupo de Teatro do Ar presentará a obra ‘Lonxe dos teus abrazos’.

A función dará comezo ás 20:00h no Auditorio de Nigrán.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS