Ponteareas estrea hoxe un dos reclamos máis agardados dentro da programación do Corpus Christi 2025. Trátase do videomaping, unha creación de arte audiovisual que se proxectará na fachada do Concello e que no anterior ano, no 2024, cosechou un gran éxito entre os veciños e as veciñas así como entre a cidadanía que se achega ata o municipio para celebrar esta Festa de Interese Turístico Internacional.
Cando se proxecta o videomaping en Ponteareas?
Será a partir das 22:30 horas cando o Concello de Ponteareas lle dará ao «play» por primeira vez neste 2025 ao videomaping que se proxectará, de novo, a partir das 23:30 horas nun segundo pase e ás 00:00 horas. Ademais, o sábado día 22 proxectarase de forma continuada desde as 22:30 horas e ata as 06:00 horas na Fachada do Concello.
Segundo explican desde a administración local, o videompaing proxectarase todos os días ata o día 22 en tres pases diferentes que comenzará ás 22:30 horas.
Pola súa banda, a programación do Corpus Christi de Ponteareas 2025 recolle outros eventos como é a actuación do grupo de gaitas Pedra da Gaita polos portais alfombristas e a presentación da revista Pregón coa actuación musical dun dúa de cordas do CMUS Reveriano Soutullo na Praza Maior a partir das 20:00 horas e ás 20:30 horas terá lugar a presentación da revista Pregón.
Ruta de pinchos Sabor do Corpus
Xusto este venres 13 de xuño é cando dá comezo a ruta de pinchos que leva como nome «Sabor do Corpus» na que se poden desfrutar ata 15 opcións diferentes a un prezo de 1,50 euros cada un. A iniciativa finalizará o sábado 14.
Música e espectáculo de luces
A programación do Corpus Christi 2025 de Ponteareas continúa o sábado coa actuación de Xosé Manuel Budiño na Praza Bugallal onde terá lugar un espectáculo de música e luces. Pola súa banda, o domingo 15 terá lugar o pregón de Borga Gómez a partir das 12:30 horas.
Podes consultar a programación completa do Corpus Christi 2025 neste enlace.