O RC Celta renova ao central Yoel Lago por catro tempadas máis, así o vén de comunicar o club a través dun comunicado no que indica que a entidade deportiva “continúa firme na súa aposta pola canteira coa renovación de Lago, un dos últimos talentos formados na Madroa”.
O mondaricense Yoel Lago, de 21 anos, deu o salto ao primeiro equipo na temada 2024-2025 lodo “dun ano de creccemento continuo”. Desde o equipo indican que “deixou unha imaxe impecable” e que “o canterán disputou 29 encontros no Celta Fortuna en Primeira RFEF e sumou 10 partidos co RC Celta, incluídos dous na Copa do Rey”.

Desde a chegada de Lago ao vestiario de Claudio Giráldez, o mondaricense “non só se adaptou con naturalidade senon que se converteu en parte activa da recente conseguida clasificación para a Europa League”.
Neste contexto, o RC Celta indica que a súa renovación é “sinal clara do gran momento que vive a canteira celeste, cunha xeración que ilusiona, que soña e que fai soñar” polo que o club “non pode estar máis orgulloso de ver como os seus xogadores crecen na casa e defenden este escudo e estas cores con tanta pasión”.

