viernes, junio 13, 2025
InicioNewsComarcasCovelo rexistra un incendio forestal, en Casteláns, que obriga a mobilizar a...

Covelo rexistra un incendio forestal, en Casteláns, que obriga a mobilizar a dúas motobombas e un helicóptero

O reloxo marcaba as 17:01 horas cando as alarmas saltaron no municipio pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta, debido a un incendio forestal. De xeito máis concreto, o lume ten lugar na parroquia de Casteláns. Ata alí desprazáronse os efectivos de Medio Rural.

Finalmente, o incendio quedou controlado sobre as 18:28 horas, segundo informan desde Medio Rural. Ata o lugar desprazáronse dous axentes, catro brigadas, dúas motobombas e un helicoptero. A superficie calcinada é de menos dunha hectárea.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS