Luns, Febreiro 2, 2026
HomeNewsActualidadeTui aproba por unanimidade o seu I Plan Municipal de Infancia e...

Tui aproba por unanimidade o seu I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia

O I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do mes de maio. Trátase dun documento estratéxico que marca as liñas de actuación para garantir o benestar, a protección e a participación activa das nenas, nenos e adolescentes tudenses.

Este plan, elaborado en colaboración con diferentes áreas municipais, entidades sociais, familias e o propio colectivo infantil e xuvenil, recolle medidas concretas para promover os dereitos da infancia e fomentar unha cidade máis amable e inclusiva para as persoas máis novas.

A aprobación por unanimidade supón “un claro compromiso de toda a corporación co recoñecemento da infancia como suxeito de dereitos, e con avanzar cara a un modelo de gobernanza máis participativo e respectuoso coas necesidades da mocidade” segundo aseguran dende o goberno local.

Desde o Concello de Tui agradecen “a implicación de todas as persoas e colectivos que participaron no proceso” e salientan que este plan “é un paso clave no camiño para acadar o selo de Cidade Amiga da Infancia, promovido por UNICEF”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS