jueves, junio 12, 2025
InicioNewsComarcasO Porriño inaugura a aula sensorial no CEIP da Ribeira para apoiar...

O Porriño inaugura a aula sensorial no CEIP da Ribeira para apoiar ao alumnado con necesidades específicas

O CEIP da Ribeira vén de inaugurar unha nova aula sensorial destinada a ofrecer un espazo adaptado e inclusivo para o alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e outras dificultades de aprendizaxe.  O acto contou coa presenza do Alcalde, Alejandro Lorenzo; a Concelleira de Educación, Carolina  González; e o Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, así como da  directora do centro, Teresa Castro, e profesorado.  

Que é unha aula sensorial?

“A aula sensorial é un lugar onde o alumnado pode interactuar co entorno dun xeito máis tranquilo e relaxado, favorecendo a súa aprendizaxe e benestar. Conta con diferentes zonas adaptadas aos distintos sentidos como a zona da luz, do tacto, do gusto, unha área de  relaxación con piscina de bolas e ata un espazo para proxeccións audiovisuais con sons da  natureza”, explicou Teresa Castro. Esta aula beneficiará directamente a uns 40 nenos e nenas do  centro.  

Fundado en 1984 no Polígono de Torneiros, o CEIP da Ribeira é un «centro de referencia na  atención preferente a alumnado con TEA e necesidades específicas, reafirmando así o seu  compromiso coa educación inclusiva e de calidade».

O Alcalde, Alejandro Lorenzo, manifestou que “esta aula sensorial é un paso máis para garantir unha educación igualitaria e de atención personalizada para todo o alumnado do Porriño.  Continuamos traballando para que os centros educativos da nosa vila dispoñan dos recursos  necesarios para acoller a diversidade e promover o desenvolvemento integral do alumnado.”  

Esta nova aula sensorial é a segunda que se habilita na vila, sumándose á xa existente no centro de educación especial de Aceesca, reforzando o compromiso do Concello do Porriño coa educación inclusiva e a atención a toda a diversidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS