miércoles, junio 11, 2025
InicioNewsActualidadeMelgaço inaugura a tempada estival coa apertura das súas piscinas exteriores

Melgaço inaugura a tempada estival coa apertura das súas piscinas exteriores

O municipio luso de Melgaço vén de anunciar a apertura das súas piscinas exteriores, co que anuncia o pistoletazo de saída ao verán. Así, dende este mesmo día, 10 de xuño, as persoas que o desexen poderán achegarse ao complexo.

As instalacións contan con dúas piscinas, unha de adultos e outra para nenos e nenas, así como circuíto de correntes, jacuzzi, elementos para a diversión infantil e unha ampla área verde para descansar. Ademais, conta con cafetería dentro do propio complexo.

Horarios de apertura

En xuño e setembro, as instalacións abrirán de luns a venres de 14:00h a 21:00h e sábados e domingos de 11:00h a 21:00h (hora española).

En xullo e agosto o horario será os luns de 14:00h a 21:00h e o resto da semana, de martes a domingo, de 11:00h a 21:00h (hora española).

Tarifas

O prezo dependerá da idade da persoa e da hora de acceso ás instalacións.

As persoas maiores de 13 anos, deberán abonar unha tarifa de 4 euros por entrada. Así, os nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, o prezo será de 2 euros. Pola contra, os menores de 6 anos contan con entrada gratuíta.

Os prezos varían a partir das 18:00h (ES) de luns a venres, pasando a custar as entradas 2,50€ para os maiores de 13 anos e 1,50€ para nenos e nenas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS