jueves, junio 12, 2025
InicioNewsActualidadeLuz verde ao Verano Joven 2025 con descontos en transporte para a...

Luz verde ao Verano Joven 2025 con descontos en transporte para a mocidade de ata 30 anos

O Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, vén de aprobar un Real Decreto-lei para impulsar a terceira edición do Verano Joven 2025. desde o Ministerio explican que as edicións do 2023 e do 2024 «foron un éxito» e que, agora, «volverá facilitar descontos de ata o 90 por cento para viaxes en autobús e tren á mocidade de entre 18 e 30 anos».

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible contempla destinar a este programa 120 millóns de euros para cubrir as bonificacións dos billetes sinxelos e de ida e volta para viaxar por España e tamén o interrail por Europa.

Para quen son os bonos do Verano Joven 2025?

Nesta edición de Verán Xove poderanse beneficiar dos descontos todos os mozos e mozas nados entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 2007, que poderán conseguir billetes de autobús e tren con desconto dende o 1 de xullo ao 30 de setembro de 2025.

Os descontos contemplados no programa Verano Joven 2025 son os seguintes:

  • Desconto do 90% para servizos de autobús regular de competencia estatal
  • Desconto do 90% nos servizos de media distancia convencional e en rede de ancho métrico
  • Desconto do 50% nos títulos sinxelos de Avant
  • Desconto do 50%, cun máximo de 30 euros por billete, para servizos comerciais de longa distancia ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios
  • Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe. A rebaixa aplícase sobre as tarifas oficiais de Interrail, coas súas características de prezo segundo idade, etc

Para optar aos descontos será necesario rexistrarse na páxina web do Verano Joven, que habilitará esta posibilidade nos próximos días. Os potenciais beneficiarios terán que rexistrarse co seu DNI ou NIE e, se se cumpren os requisitos do programa, os beneficiarios recibirán un código persoal e intransferible que deberán utilizar para adquirir os billetes de tren e autobús e o pase Interrail rebaixados nas diferentes páxinas web dos respectivos operadores.

En 2024, o Verano Joven facilitou que 2,3 millóns de mozos e mozas realizasen 5,2 millóns de viaxes, demostrando a «súa gran acollida entre a mocidade do país», segundo explican desde o Ministerio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS