jueves, junio 12, 2025
InicioNewsActualidadeLa Fórmula, Combo Dominicano ou Panorama farán bailar ao público nas festas...

La Fórmula, Combo Dominicano ou Panorama farán bailar ao público nas festas de Atios do Porriño

Os días 26, 27 e 28 de xullo de 2025 a parroquia porriñesa de acollerá as festas na honra a San Benito de Albarín. Así, durante as tres xornadas diferentes formacións musicais actuarán no Campo da Festa do Roupeiro.

O inicio das festas terá lugar o sábado 26 de xullo, coa gran tirada de fogos ás 13:00h. Ese mesmo día, a partir das 22:30h comezará a verbena a cargo das orquestas La Fórmula e América.

O domingo 27 de xullo a festa continuará co pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela e porteriormente Misa Solemne, ás 13:00h, con procesión cantada pola Coral Polifónica ‘Os penediños de Atios’ xunto coa banda de música. A partir das 22:30h dese domingo, continuará a verbena a cargo das orquestas Combo Dominicano e Gran Parada.

O luns 28 de xullo será o último día das festividades. A xornada comezará ás 11:30h cunha misa rezada con procesión acompañada polo Grupo de Gaitas ‘Os penediños de Atios’. Por último, a verbena dará comezo ás 22:30h da man de Panorama e Panamá.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS