viernes, junio 6, 2025
InicioNewsComarcasFalece unha persoa en Alxén, Salvaterra, tras colisionar co seu turismo cun...

Falece unha persoa en Alxén, Salvaterra, tras colisionar co seu turismo cun autobús escolar

Sobre as 16:35 horas deste mércores, o 112 Galicia recibía un aviso sobre unha colisión entre un autobús e un vehículo na parroquia de Alxén, en Salvaterra de Miño. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ponteareas e emerxencias de Galicia, entre outros efectivos, que confirman o falecemento da persoa que conducía o turismo tras quedar atrapado.

O suceso tivo lugar no quilómetro 11 na estrada 510, á altura da parroquia de Alxén, no municipio de Salvaterra de Miño e segundo confirman desde o 112 Galicia, os nenos e as nenas así como o condutor do transporte escolar resultaron ilesos. Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, son 34 escolares dun colexio do municipio de Vilagarcía de Arousa que non necesitaron atención médica.

O accidente ocorreu o que se coñece como o cruce de Alxén, antes de chegar á gasolinera da marca CEPSA. O conductor do vehículo baixaba cara a Salvaterra de Miño e o autobús subía hacia Salceda de Caselas. Nese tramo, tiveron lugar outros sucesos mortais tamén relacionados co tráfico viario.

O acidente obrigou a mobilizar aos bombeiros do Porriño e aos de Ponteareas así como a urxencias sanitarias de Galicia, a Garda Civil e Policía Local.

Anxo Gutiérrez

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS