viernes, junio 6, 2025
InicioNewsActualidadeAsí é o plan permanente de vixilancia sobre as motocicletas da Garda...

Así é o plan permanente de vixilancia sobre as motocicletas da Garda Civil de Pontevedra

A Garda Civil de Tráfico de Pontevedra vén de informar, a través dun comunicado, que deseña un Plan permanente de vixilancia sobre motociletas. Apuntan que «duante os últimos doce meses e como consecuencia dos accidentes viais que tiveron lugar na provincia de Pontevedra, faleceron seis persoas que se desprazaban en motocicleta».

Neste contexto, a Benemérita indica que «co fin de reducir a siniestralidade deste tipo de vehículos nas vías da súa competencia, o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra deseña un Plan Permanente enfocado cara os desprazamentos en motocileta«. Así, intensificarase os servizos de vixilancia de estrada sobre estos vehículos, especialmente nos tramos de vías máis transitados».

O obxectivo deste Plan Permanente da Garda Civil é «conseguir que os condutores e pasaxeiros das motocicletas se conciencien da importancia que supón desprazarse polas vías sen rebasar os límites de velocidade, evitar a condución se se consumiu alcol ou drogas así como a necesidade de empregar de maneira correcta os elementos de seguridade». Insisten, de igual xeito, en «dispoñer da documentación axustada á norma, tanto a do conductor como a do vehículo».

Como é o operativo da Garda Civil?

A Garda Civil empregará medios técnicos, materiais e humanos dispoñibles por dito Subsector, tales como vehículos de cores oficiais e comerciais, «incluíndo motocicletas sen rotular, cos que poder detectar aquelas condutas antirregulamentarias, en especial as que poñan en risco a integridade física propia e a do resto dos usuarios das vías». Igualmente, contarase co apoio do helicóptero da DGT.

Estableceranse puntos de verificación para detectar excesos de velocidade; conducións superando as taxas de alcohol e drogas así como aqueles destinados a verificar o correcto estado das condicións técnicas das motocicletas e a validez do correspondente permiso de condución.

A Garda Civil indica que «actualmente este Plan atópase na súa FASE I “Verificacións de excesos de velocidade«.

Colectivo vulnerable

Dende o Subsector de Pontevedra, lembran que este tipo de colectivo está cualificado en materia de seguridade viaria como “vulnerable” polo que, insiste en que «é fundamental a concienciación dos usuarios de motocicletas que en caso de sufrir un sinistro viario son máis propensos a padecer consecuencias máis lesivas ca outros condutores ou pasaxeiros de vehículos dotados de carrocería.»

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS