viernes, junio 6, 2025
InicioNewsActualidadeAbel Caballero esixe á Xunta unha Facultade de Medicina na UVIGO para...

Abel Caballero esixe á Xunta unha Facultade de Medicina na UVIGO para o curso 2027-2028

Golpe na mesa do alcalde de Vigo, Abel Caballero, despois de que a Universidade da Coruña decidira de xeito unilateral iniciar os trámites para incluir na súa oferta académica o Grao en Medicina en Galicia. Na actualidade, é a Universidade de Santiago de Compostela a única que a imparte e, neste contexto, o rexedor da cidade olívica anuncia que convoca un pleno extraordinario para o xoves día 12 co obxectivo de «reclamar á Xunta que a Universidade de Vigo conte cunha Facultade de Medicina no curso 2027-2028«.

Hospitais clínicos en Vigo, Pontevedra e Ourense

Caballero indicou que «terá que ser no campus de Vigo» e con hospitais clínicos tamén na propia cidade e eventuais en Ourense e en Pontevedra. Ademais, pide á adminsitración autonómica que consigne unha partida de cinco millóns de euros nos próximos orzamentos da Xunta para poñer en marcha a Facultade de Medicina no ano 2027. De igual xeito, indica que «ten que ser con financiamento adicional, sen diminuir outras partidas da Universidade de Vigo».

O alcalde, Abel Caballero, criticou que «Vigo é unha das cidades máis importantes de España que non conta cunha Facultade de Medicina» e lembra que «contamos cunha área poboacional dun millón de persoas, en términos de universidade, que teñen dereito a estudar Medicina en Vigo«.

Declaracións do alcalde, Abel Caballero:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS