jueves, junio 5, 2025
InicioNewsConcellos +Ponteareas comeza as obras que transformarán a nave Aceros do Tea no...

Ponteareas comeza as obras que transformarán a nave Aceros do Tea no novo mercado municipal

O Concello de Ponteareas informa que «dá comezo das obras que transformarán a nave Aceros del Tea no novo mercado municipal«. Así, aconcelleira de Urbanismo, Silvia Fdez. Táboas, e o concelleiro de Comercio, Ricardo González mantiveron hoxe un encontro coa empresa contratista Prace Servicios y Obras S.A; o director de obra, Óscar Alba e o director de execución e coordinador de seguridade e saúde, Iván López. 

Co arranque das obras, o Concello executa «un dos proxectos máis relevantes do seu mandato que suporá a modernización dunha infraestrutura comercial e a posta en valor das praceiras e praceiros locais ademais dun novo atractivo», segundo indican desde a administración local.

Insisten desde o Concello en que «Ponteareas quere ser o eixo e referente comercial das comarcas do Condado e da Paradanta. A antiga industria terá unha nova vida e encherase de actividade recuperando o esplendor de antano».

Nova Praza de Abastos den Ponteareas

O deseño interior da nova Praza de Abastos de Ponteareas na Nave Aceros do Tea, de Ola Esudio, «responde á necesidade de modernizar e potenciar o mercado municipal, dotándoo de mellores condicións de accesibilidade, funcionalidade e atractivo comercial». A actual praza de abastos presenta diversas carencias estruturais e organizativas que dificultan a súa eficiencia como espazo de venda e encontro cidadá. 

Mercatea

Entre os principais obxectivos desta intervención atópanse a optimización do espazo dispoñible, a mellora da distribución dos postos comerciais para garantir a súa visibilidade e accesibilidade, así como a integración do mercado coa contorna urbana mediante a apertura da fachada posterior. Ademais, a rehabilitación permitirá crear «unha praza máis sostible e eficiente enerxeticamente, reducindo o seu impacto ambiental e facilitando a súa adaptación aos novos hábitos de consumo».

800.000 euros da Xunta de Galicia

Para poder financiar esta obra, o Concello de Ponteareas asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia na que comprometen unha achega económica de 800.000,00 € (IVE incluído) destinada á execución destas obras. 

O Concello explica que «a nova praza de abastos será un espazo versátil, aberto ao espazo exterior e será exemplo da estratexia do goberno de reconstruír e transformar espazos esquecidos e degradados en zonas amables, útiles e renovadas que prestarán unha función económica, social e cultural ademais de embelecer a vila».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS