jueves, junio 5, 2025
InicioNewsConcellos +O Porriño presenta o seu "stand" en Stonegal 2025 cunha homenaxe ao...

O Porriño presenta o seu «stand» en Stonegal 2025 cunha homenaxe ao legado de Antonio Palacios

O Concello do Porriño presentou hoxe, ás 13:30 horas, o seu stand  institucional na feira Stonegal 2025, que se celebra no recinto feiral de IFEVI. O acto contou coa  intervención do Alcalde, Alejandro Lorenzo, quen destacou «o papel estratéxico do Porriño como motor industrial e cultural dentro da provincia de Pontevedra e de Galicia».

Durante a súa intervención, o rexedor puxo en valor a «forza do tecido empresarial local, con  máis de 2.200 empresas activas e máis de 3,5 millóns de metros cadrados de solo industrial  ocupado» e insistiu en que “O Porriño é un dos municipios con maior PIB da provincia, un feito que evidencia a relevancia da nosa economía nun modelo de crecemento baseado no talento local e no  desenvolvemento sostible”, sinalou.  

Os cadernos de Antonio Palacios

O stand do Concello do Porriño conta cunha destacada exposición dedicada aos cadernos de viaxe de Antonio Palacios, o ilustre arquitecto porriñés. Estes cadernos constitúen un testemuño único do seu vínculo coa terra, mesturando arquitectura, arte e emoción nunha  colección que revela a súa mirada apaixonada e o seu talento excepcional.  

“Quero poñer en valor un sector histórico, con pasado, presente e moito futuro. Hoxe tamén nos lembramos de todas as empresas do sector, dos seus traballadores, do traballo dos  arquitectos e, por suposto, de Antonio Palacios. Recordando todo isto, o Alcalde puxo en valor o  sector e O Porriño.

Punto de encontro

O rexedor quixo agradecer a presenza de representantes da Deputación de Pontevedra, da  Xunta de Galicia e dos medios de comunicación, cuxo apoio «é clave para dar visibilidade ás iniciativas locais«.  

“O obxectivo é converter o noso espazo nun punto de encontro coa identidade cultural do Porriño. Amosar estes debuxos é tamén unha maneira de seguir fortalecendo a nosa memoria  colectiva e de promover o patrimonio que nos fai únicos”, afirmou o Alcalde.  

A cidadanía e visitantes están convidados a «achegarse ao stand, a gozar da exposición e  descubrir todo o potencial que ofrece o Porriño, tanto no ámbito cultural coma no económico».

Horario do Stonegal 2025 no IFEVI

Podedes acudir á Stonegal no IFEVI hoxe e mañá de 10:00 e as 18:00 h e o xoves de 10:00 a  17:00 h.  

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS