jueves, junio 5, 2025
InicioConcellos +A Cañiza'A pachanga na rúa', o evento deportivo que terá lugar na Cañiza...

‘A pachanga na rúa’, o evento deportivo que terá lugar na Cañiza este verán

O Concello da Cañiza acollerá durante a primeira fin de semana do mes de xullo a segunda edición do campionato deportivo «A Pachanga na Rúa» nas instalacións do Parque Central da Cañiza. Esta iniciativa deportiva está organizada pola Comisión de Festas de Oroso en colaboración co Concello de A Cañiza e da Asociación de Comerciantes da vila.

O evento consiste en pequenos partidos, rotativos, formados por equipos de entre 4 e 12 persoas que se irán enfrontando entre si. O número de xogadores de cada equipo na cancha deberá ser sempre de 1 porteiro e 3 xogadores e cada partido terá unha duración de 15 minutos, sen descanso. Ademais, a idade mínima para participar é de 14 anos e o custo da inscrición será de 5 euros por persoa.

Durante a presentación das xornadas, a organización destacou «a formalización dun acordo entre as tres entidades para que os premios desta edición se troquen exclusivamente no comercio local, mediante bonos canxeables». Tal e como aseguraba o alcalde, Luís Piña, «esta medida busca reforzar o apoio ao pequeno e mediano comercio da vila, promovendo así a economía de proximidade».

En concreto, os premios desta edición sumarán un total de 550 euros, sendo 300€ para o primeiro premio, 150€ para o segundo e 50€ para o terceiro clasificado. Ademais, haberá unha mención especial de 50€ para a equipación máis divertida.

Ademais, haberá unha medalla para todos e todas as participantes das categorías infantís, de entre 7 e 13 anos, así como tres premios para os gañadores que consistirán en entradas para o Celta, entradas para o Diverjump e entradas para a Piscina Muncipal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS