miércoles, junio 4, 2025
InicioNewsActualidadeO campo de fútbol do Oural, en Salvaterra de Miño, conta con...

O campo de fútbol do Oural, en Salvaterra de Miño, conta con novos vestiarios

O Concello de Salvaterra de Miño vén de rematar as obras dos novos vestiarios no Campo de Fútbol do Oural, en Fornelos da Ribeira, un dos terreos de herba sintética cos que conta o municipio e onde adestran varios equipos locais.

Esta obra, financiada a través do Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación Provincial e cofinanciada polo Plan +Provincia por un valor de máis de 88.000 euros, tivo por obxectivo modernizar e ampliar os espazos dispoñibles co acondicionamento dos locais existentes debaixo das gradas para crear novos vestiarios e poder ampliar a oferta deportiva que ofrece a instalación.

Así, esta obra forma parte do Plan Estratéxico Municipal para a mellora das infraestruturas deportivas en Salvaterra, que contempla inversións por máis de 1.000.000 euros nos próximos anos co fin de continuar mellorando os servizos deportivos do municipio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS