miércoles, junio 4, 2025
InicioNewsActualidadeMos acollerá o Campus As Celtas 2025 nas instalacións das Baloutas

Mos acollerá o Campus As Celtas 2025 nas instalacións das Baloutas

O Concello de Mos acollerá, entre o 21 e o 15 de xullo, o Campus As Celtas 2025 que se celebrará nas instalacións deportivas das Baloutas e estará organizado polo Real Club Celta.

A actividade está dirixida a nenas de entre 7 e 16 anos e conta cun total de 60 prazas dispoñibles. O horario será de 9:30h a 14:00h e incluirá adestramentos baseados na metodoloxía oficial do RC Celta, o equipamento deportivo completo con camiseta, pantalón e medias e merenda diaria. Ademais, haberá acto de clausura con entrega de diplomas e sorteo de agasallos coa posibilidade de acceder ao Premio Afouteza, que consiste en adestrar coa canteira do RC Celta.

Están contemplados descontos especiais para participantes con carné celtista ou federadas en clubs conveniados e colaboradores. As persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse na páxina web rccelta.es.

O campus está deseñado cun enfoque lúdico, formativo e inclusivo; promovendo valores como a convivencia, a igualdade, a identidade e o espírito deportivo e vai dirixida a nenas que queiran levar a cabo unha actividade física ao aire libre e en contacto con outras rapazas, que queiran vivir a súa primeira experiencia practicando co fútbol ou que xogan ao fútbol e queren reforzar as súas competencias futbolísticas.

Pola súa parte, Nidia Arévalo quixo destacar no acto de presentación que «é unha honra para nós contar con iniciativas como esta, que apoian o crecemento das futuras xeracións do deporte feminino en Mos. Porque estas nenas que hoxe van participar neste campus poden ser As Celtas do futuro».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS