miércoles, junio 4, 2025
InicioNewsActualidadeInvestigan a un home por circular a 185km/h nun tramo de 80km/h...

Investigan a un home por circular a 185km/h nun tramo de 80km/h na A-55

Axentes da Garda Civil de Tráfico do Porriño atopábanse realizando un control de velocidade na A-55 cando localizaron un turismo que circulaba a 185km/h en dirección a Portugal. A velocidade máxima permitida na vía, nese tramo, era de 80km/h.

Os feitos ocorreron o pasado 24 de abril en torno ás 2:40 horas. O cidadá, de 58 anos de idade, non puido ser localizado nese preciso momento. Deste xeito, os axentes deron traslado ao Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Subsector de Tráfico de Potevedra que tras varias pesquisas, localizaron ao conductor implicado nos feitos, procedento a investigalo como presunto autor dun delito contra a seguridade vial.

As dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de garda de Vigo. O conductor implicado enfróntanse a posibles penas de prisión de tres a seis meses e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Dende o Subsector de Tráfico de Pontevedra recordan «que a velocidade excesiva ou inadecuada segue a ser unha das principais causas de accidentes viais, polo que se recomenda respectar os límites de velocidade e adecuala ás circunstancias da vía, así como ao tipo de vehículo e ao seu conductor».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS