A mítica banda española de folk metal, Mago de Oz, actuará nas festas de San Roque 2025, en Vilagarcía de Arousa. En concreto, o grupo ofrecerá o seu concerto o martes 19 de agosto, dentro da súa xira “Feliz No Cumpleaños 2025 Tour”.
O concerto, tal e como informan dende o goberno local,será de acceso gratuíto e agardan que «traian seguedores de toda Galicia, xa que polo de agora é o único previsto na comunidade autónoma».
Do mesmo xeito, dende a concellería de cultura, dirixida por Sonia Outón, aseguran que «levan traballando dende hai meses na confección dun programa que, unha vez máis, terá como sinal de identidade que as actividades sexan gratuítas e que cheguen a todas as idades«. Así mesmo, aseguran que «Mago de O é para un público moi determinado pero, tendo en conta a súa lonxevidade e traxectoria, é seguro que convocará a varias xeracións».