Os últimos días do mes de xuño chegan ás comarcas gran cantidade de plans e actividades para todos os públicos cos que desfrutar ao aire libre.
Consulta a continuación toda a programación:
Venres 30 de maio
As rúas de Ponteareas énchense de música da man do grupo Errantes. O concerto dará comezo ás 21:00h na rúa Escritor Domínguez Benavides.

Salceda de Caselas acollerá a Festa da Cervexa durante toda a fin de semana.
Cervexa, gastronomía típica e música na contorna do torreiro de festas da Concepción.

O cinema galego será o protagonista este venres na Guarda.
O Centro Cultural acollerá a proxección do documental ‘Filmei páxaros voando‘, que dará comezo ás 20:30h.

Sábado 31 de maio
O Auditorio Multiusos das Pozas, en Mos, acollerá o concerto de primavera da Coral Ventos do Sal, coa actuación de varios grupos musicais.
O evento dará comezo ás 19:00h.

A Asociación Treze Catorce, de Salceda de Caselas, organiza o II Ralli ‘Rurais e Creativas’ polo centro da vila, co foco posto nas mulleres.
O evento dará comezo ás 20:00h no Carreiro do Rollo.

A campaña «Quere o teu Mercado» chega a Ponteareas co obradoiro ‘As rosquillas: un doce con tradición‘.
A actividade está destinada a maiores de 7 anos e é preciso inscrición previa.

Tamén coa mesma campaña, A Cañiza celebrará o día dos mercados.
A partir das 9:30h da mañá, na Praza de Abastos da Cañiza.

En Salceda de Caselas, terá lugar a Final da Copa da Liga de Aficionados onde se enfrontarán o equipo Alxén B e o Ameixoa.
O partido dará comezo ás 18:00h no Campo Municipal da Gándara.

Os veciños e veciñas de Fornelos da Ribeira, en Salvaterra de Miño, organizan a Feira Veciñal de Segunda Man.
Durante toda a xornada na praza das Fraguiñas.

O Concello da Cañiza organiza o ‘Espetáculo das Cantateiras’ enmarcado na programación das Letras Galegas 2025.
O evento dará comezo ás 20:30h no Auditorio Municipal.

Domingo 1 de xuño
Ponteareas acollerá o concerto e a presentación do libro ‘Soutullo a 4 mans’.
Ás 19:00h no Auditorio Reveriano Soutullo.

Na Cañiza, terá lugar o Campionato Galego Roller Freestyle Street.
O evento terá lugar entre as 11:00h e as 15:00h.

O Concello de Covelo organiza unha andaina de dicultade media e gratuíta.
A ruta dará comezo no Campo ás 9:00h.

A parroquia de Vide, en As Neves, acollerá a XIV Tarde de Fiadeiro.
A partir das 17:00h, na carballeira da Chan de Vide.
