O Concello de Baiona vén de adquirir un camión guindastre mediante unha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ao Plan Concellos 2022-2023.
Ata o momento, o servizo estaba cuberto co alugueiro dun vehículo durante catro días ao mes, «co que se atrasaban as actuacións necesarias e ademais supuña un custe económico importante para o Concello», aseguran dende o goberno local.
Con esta, a frota de vehículos do Concello, dispoñerá dun moderno camión dotado de plataforma elevadora, que será utilizado principalmente en labores de mantemento de iluminación pública, poda de arboredo, colocación de elementos decorativos ou festivos e outros traballos técnicos que requiran de intevención en altura.
O alcalde, Jesús Vázquez Almuíña manifestou que «esta adquisición supón un importante avance para a mellora dos servizos públicos que prestamos aos nosos veciños e veciñas, garantindo ademais unha maior seguridade para os traballadores municipais que realizan traballos en altura».