domingo, junio 1, 2025
InicioNewsActualidadeAs altas temperaturas dirán adeus a Galicia o próximo luns 2 de...

As altas temperaturas dirán adeus a Galicia o próximo luns 2 de xuño

Os termómetros ao límite da súas cifras, o cheiro ao asfalto queimado e os abanicos irán disipándose en Galicia a medida que se achegue o inicio da próximo semana. E é que segundo apunta Meteogalicia, o luns a comunidade queda nunha situación intermedia coas altas presións retiradas ao leste dos Azores e unha baixa relativa sobre a Península xerando circulación do nordés intensa. Así, os galegos e as galegas despertarán cos ceos nubrados no terzo norte, sen descartar algunha chuvia feble na Mariña e, no resto, nubes e claros. En canto as temperaturas, irán descendendo dun xeito moderado nas máximas e o vento soprará do nordés moderado con intervalos fortes no litoral oeste.

Temperaturas máximas de 23 graos

Deste xeito, a predición de Meteogalicia apunta a que as temperaturas máximas que se rexistrarán en Galicia o próximo luns 2 de xuño será de 23 graos en cidades como a de Vigo, Pontevedra ou Ourense.

Pola súa banda, en Lugo o termómetro marcará os 18 graos de máximas e 19 graos na coruña. A cidade de Ferrol e a capital galega, Santiago de Compostela, 20 graos.

Así, Galicia despedirá unha semana na que os termómetros subiron ata os 35 graos en municipios da provincia de Ourense como Leiro ou Arnoia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS