sábado, mayo 31, 2025
InicioConcellos +A CañizaPonteareas, Tui e Ourense entre os municipios con aviso amarelo por altas...

Ponteareas, Tui e Ourense entre os municipios con aviso amarelo por altas temperaturas

Case 40 municipios das zonas sur das provincias de Pontevedra e Ourense entran este mesmo xoves en aviso amarelo debido ás altas temperaturas agardadas na zona. Así o informa Meteogalicia, onde asegura que algúns municipios de Ourense poderán alcanzar os 36º, mentres que a zona sur de Pontevedra poderá chegar aos 34º.

O aviso estará activo durante as horas centrais do día, entre as 15:00h e as 21:00h, e en Pontevedra afectará aos municipios de Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.

Por outra banda, na provincia de Ourense os concellos afectados serán O Barco de Valdeorras, A Rúa, Larouco, Petín, Rubiá, Vilamarín, Arnoia, Barbadás, Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrán de Viñas, Taboadela e Toén.

Porén, dende a Xunta de Galicia recomendan fronte ás altas temperaturas pasar, polo menos, dúas ou tres horas ao día nun lugar fresco, refrescar e mollar o corpo varias veces ao día, beber moita auga e evitar saír nas horas de maior risco, especialmente nenos e anciáns.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS