sábado, mayo 31, 2025
InicioNewsActualidadeAllariz vístese de celeste para a nova edición da Romaría Celtista: música,...

Allariz vístese de celeste para a nova edición da Romaría Celtista: música, historia e afouteza

Allariz prepárase para unha nova edición da Romaría Celtista. Deste xeito, a partir do venres 30 de maio e ata o sábado 31, o municipio tinguirase de celeste para poñer en valor a «afouteza» característica do equipo que vén de clasificarse para xogar nas competicións europeas para a próxima tempada.

A celebración da 8º edición da Romaría Celtista de Allariz comezará este venres 30 de maio a partir das 19:00 horas cun roteiro de viños polo casco vello do municipio. Mentres, a música soará a través do Gaiteiro de Penalta.

A festa continuará o sábado 31 de maio a partir das 11:00 horas cun roteiro no que as persoas que participen poderán descubrir a historia da localidade que rematará nos Xardíns do Museo do Coiro. Alí, terá lugar o Xantar Popular.

Ás 12:30 horas, dará comezo a sesión vermú, que estará amenizada pola Charanga A Felga. Seguidamente, ás 14:30 horas, terá lugar a presentación da Romaría, a cargo dos membros da organización e as autoridades alí representadas. Máis tarde, comezará o Xantar Popular e haberá diferentes actividades como pintacaras e inchables para os nenos e as nenas, un campionato de futbolín para os maiores e un concerto con música con DJ ata as 02:00 horas, entre outras cuestións.

Programación da Romaría Celeste en Allariz

VENRES 30

  • 19:00h: Roteiro de Viños no casco vello. O Gaiteiro de Penalta.

SÁBADO 31

  • 11:00h: «Coñece a Historia de Allariz – Roteiro» polas rúas da vila.
  • 12:30h: Sesión vermú nos Xardíns do Museo do Coiro, coa Charanga A Felga.
  • 14:30h: Inauguración da Romaría Celtista 2025.
  • 15:00h: Xantar popular nos Xardíns do Museo do Coiro.
  • 17:00h – 20:00h: Inchables e pintacaras para nenos e nenas.
  • 17:30h: Campionato de Futbolín.
  • 18:00h: Sorteos.
  • 19:00h: Música con DJ.
  • 20:30h: Concerto de ENGRA (Street Punk dende Vigo).
  • 21:30h: Música con DJ.
  • 22:30h: Concerto de MASKARPONE (Ska dende Ourense).
  • 00:00h: Música con DJ.
  • 02:00h: Fin de festa.
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS