viernes, mayo 30, 2025
InicioComarcasÁrea de VigoVigo recolle datos de mobilidade na Gran Vía para a instalación das...

Vigo recolle datos de mobilidade na Gran Vía para a instalación das ramplas mecánicas

O Concello de Vigo recolle datos de mobilidade na Gran Vía para a instalación das ramplas mecánicas con dúas cámaras e un dron co obxectivo de determinar o sistema e a forma de mobilidade de vehículos a hora punta. Neste contexto, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, lembrou que «o proxecto xa está adxudicado e que o orzamento para unir Praza América e Praza España con elementos mecánicos é de 26 millóns de euros».

O rexedor deu conta do avance do proxecto para a instalación de ramplas mecánicas e humanización da Gran Vía, entre Praza América e Praza España e explicou que esta tarde haberá unha recollida de datos de mobilidade nesta vía “para determinar o sistema e forma da mobilidade nunha hora punta”. Para esta acción o Concello empregará dúas cámaras e un dron.

Orzamento de 26 millóns

Xa este mesmo mes o Concello iniciou os traballos topográficos para cartografar o bulevar e a beirarrúa esquerda de subida. Caballero lembrou que o orzamento para unir Praza América e Praza España mediante ramplas mecánicas é de 26 millóns de euros.

“As ramplas irán polo medio do bulevar, mantendo a estrutura e a vexetación e engadindo máis zonas verdes”, recalcou. Para Caballero “Vigo está a facer unha nova forma de mobilidade mecánica, dun xeito que non ten case ningunha cidade do mundo”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS