Durante o mediodía deste mércores 28 de maio, os servizos de emerxencia confirmaron o falecemento dun home nas termas de Prexigueiro. O reloxo marca as 12:30 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun particular sobre un corpo que estaba frotando nestas augas que se localizan no municipio de Ribadavia.
Emerxencias de Galicia deu o aviso ás Urxenicas Sanitarias, alertando da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense cara estas termas que se localizan na parroquia de Francelos, na localidade ourensá de Ribadavia. Ata o lugar se desprazaron, de igual xeito, os membros do GES de Ribadavia, á Policía Local e aos Bombeiros do Carballiño.
Segundo explican desde o 112 Galiica, foi un particular quen viu o corpo do home flotando na auga e o sacou, pero malia os intentos de reanimación, nada se puido facer por salvarlle a vida.