Venres, Xaneiro 23, 2026
HomeNewsActualidadeDe Mondariz ao mundo: A praia do Ceo convértese hoxe en estudio...

De Mondariz ao mundo: A praia do Ceo convértese hoxe en estudio internacional

Este mesmo mércores 28 de maio, a Praia do Ceo, situada no Concello de Mondariz, será o escenario escollido para mostrar ao mundo, e en concreto a Miami, as paisaxes, a xente e tradición desta zona do Condado.

O famoso presentador e humorista ‘Carlucho‘, un dos rostros máis queridos da televisión en Miami, vén de iniciar unha nova etapa como corresponsal internacional en España da man de Latino Media Holdings. Así, Mondariz é nesta ocasión o lugar escollido para mostrar os rincóns máis bonitos de Galicia ao mundo.

O programa, que será gravado e emitido esta mesma noite en directo para Miami, dará comezo ás 23:00h e dende a organización “invitan a todas aquelas persoas que o desexen, a acudir como público“. O acceso estará permitido dende as 22:00h.

Ademais, o Bruxo Queiman tamén estará presente para poñer o broche final cunha queimada “máxica, con lume, conxuro e moita tradición galega” segundo aseguran dende o Concello de Mondariz.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS