jueves, mayo 29, 2025
InicioNewsComarcasUn home intenta agredir a súa nai en Ponteareas

Un home intenta agredir a súa nai en Ponteareas

O reloxo marca en torno as 16:30 horas cando o ruido dun helicóptero chamaba a atención dos veciños e das veciñas do centro de Ponteareas. A aeronave sobrevoaba o ceo do municipio. Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, trátase dun equipo da Garda Civil que se dirixía a realizar un operativo na zona e que, tras a alerta sobre un intento de agresión, procedeu a inspeccionar a zona desde o propio helicóptero.

Fontes da Garda Civil apuntan que o home, con antecendentes, intentou agredir a súa nai. A vivenda localízase na contorna do Auditorio Municipal e, segundo as testemuñas, o home, de mediana idade e que ten problemas coas drogas, intentou pegar a súa proxenitora tras a negativa desta de prestarlle cartos. Finalmente, o home escapou do domicilio sen que tivese lugar unha agresión, explican desde a Benemérita.

Sobre as 20:00 horas, as forzas e corpos de seguridade do Estado non atoparan ao home.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS