lunes, julio 14, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas lanza a segunda edición do Concurso de Balcóns Floridos para engalanar...

Ponteareas lanza a segunda edición do Concurso de Balcóns Floridos para engalanar a vila no Corpus Christi

O Concello de Ponteareas vén de aprobar as basas dunha nova edición do Concurso de Balcóns Floridos. Trátase da segunda edición dun certame que comezou a administración local no ano 2024 co obxectivo de engalanar a vila no marco das celebracións do Corpus Christi. Segundo indican desde a ordenanza, a inicitiva busca, de igual xeito, «implicar á veciñanza na mellora estética e ambiental da localidade» así como «atenuar os efectos do cambio climático, xa que ao aumentar a vexetación nas cidades conséguese unha regulación térmica máis efectiva, unha maior captura do CO2 e unha redución da contaminación».

Como participar no II Concurso de Balcóns Floridos?

Poderán participar no II Concurso de Balcóns Floridos de Ponteareas 2025 calquera persoa propietaria ou arrendataria dunha vivenda que se localice no municipio que conte cun balón ou cunha ventá con vistas á rúa pública. As inscricións estarán abertas desde o 1 de xuño ata o próximo 13 do mesmo mes a través da sede electrónica ou presencialmente. As persoas que así o desenxen tamén poderán presentarse a través das ligazóns que aparecen nos carteis e folletos do concurso así como nas redes sociais.

Xurado

En todo caso, as persoas que se presenten ao Concurso de Balcóns Floridos de Ponteareas 2025 deberá permitir que o xurado poida obter fotografías ou recoller imaxes do balcón engalonado, tal e como indica o Concello nas bases do certame. As valoracións terán lugar desde o día 16 ata o 19 de xuño.

Os membros do xurado valorarán, entre outros criterios, a orixinalidade, o deseño ou a composición florística así como as achegas ambienais, sustentabilidade ou a durabilidade. Os encargados de decidir quen é o gañador ou gañadora desta nova edición será a alcaldesa, Nava Castro, a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, un ténico da área e dous membros do Vila en Flor así como un profesor da Universidade de Santiago de Compostela en materia de paisaxe, entre outros profesionais do sector.

O fallo do xurado, que será inapelable, saberase a partir do 20 de xuño.

Premios do II Concurso de Balcóns Floridos de Ponteareas

Toda vez que o xurado decida quenes son as persoas que mellor decoraron os seus balcóns ou ventás, celebrarase un acto para a entrega de premios. Será entre os días 23 e 24 de xuño. Ademais, o Concello realizará unha exposición fotográfica dos balcóns gañadores e dos máis valorados.

A segunda edición do Concurso de Balcóns Floridos de Ponteareas establece tres premios e un especial para o rural do municipio:

  • 1º Premio “Balcón florido”: 200 euros, un vale de produtos de xardinería por 50 euros e Certificado acreditativo.
  • 2º Premio “Balcón florido”: 150 euros, vale de produtos de xardinería por 50 euros e Certificado acreditativo.
  • 3º Premio “Balcón florido”: Cea para dúas persoas (valorada en 100 euros) en Restaurante a determinar de Ponteareas, un vale produtos de xardinería por 25 euros e Certificado de participación.
  • Premio Parroquias: 200 euros, vale para produtos de xardinería por 50 euros e Certificado acreditativo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS