jueves, mayo 29, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas abre o prazo para prender o lume da noite máis máxica...

Ponteareas abre o prazo para prender o lume da noite máis máxica do ano: as fogueiras de San Xoan 2025

Galicia xa iniciou a conta atrás para celebrar a noite máis máxica do ano coas tradicionais Fogueiras de San Xoán e as súas sardiñadas deste ano 2025. Neste contexto, o Concello de Ponteareas vén de abrir xa o prazo para aquelas persoas que desexen celebralo a través do lume poidan solicitar o permiso á administración local.

Como solicitar o permiso para as fogueiras de San Xoan 2025 en Ponteareas?

As pesoas que desexen celebrar o San Xoan 2025 en Ponteareas a través das tradicionais fogueiras deberán solicitar, a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello, o correspondente permiso. O prazo estará aberto ata o 19 de xuño ata as 14:00 horas.

O Concello establece unha serie de requisitos que serán indispensables para poder realizar as fogueiras. Entre eles, destaca que os elementos da fogueira deberán estar colocados o día anteior á queima para que os servizos municipais poidan levar a cabo a revisión e o control.

No caso de fogueiras solicitadas para espazos públicos, «deberán achegar á declaración responsable unha copia do seguro de responsabilidade civil con cobertura mínima de 150.000 euros e xustificante do seu pagamento, plano de situación indicando a localización concreta da fogueira e documentación acreditativa da representación da entidade», tal e como se recolle no bando municipal.

Ademais, as fogueiras terán que situarse a, como mínimo, 15 metros das edificacións e árbores e os materiais que se deben empregar na combustión serán leña, pólas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. O lume das fogueiras de San Xoan 2025 en Ponteareas deberá extinguirse ás 03:30 horas da madrugada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS