jueves, mayo 29, 2025
InicioComarcasBaixo MiñoFalece un home que foi localizado tirado ao carón da súa bicicleta...

Falece un home que foi localizado tirado ao carón da súa bicicleta en Tui

Un home faleceu este martes en Tui tras ser localizado ao carón da súa bicileta. Segundo indican desde o 112 Galicia, malia os esforzos dos equipos sanitrios non se puido facer nada para salvarlle a vida.

Pouco antes das 20:00 horas, un particular alertou ao 112 Galicia de que atopara un ciclista tirado na estrada no paseo de Calvo Sotelo, Tui. Desde un primeiro momento, indicou que a persoa non respondía aos seus intentos de contactar con ela.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Tui.

As forzas da orde traballan para esclarecer o acontecido.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS