jueves, mayo 29, 2025
InicioNewsActualidadeAna Pontón reclama á Xunta o arranxo da Fonte de Troncoso en...

Ana Pontón reclama á Xunta o arranxo da Fonte de Troncoso en Mondariz Balneario «tal e como prometeron»

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, vén de manter un encontro co alcalde de Mondariz Balneario, César Gil, co fin de abordar as principais prioridades do municipio.

Na mesma, portavoz e rexedor, acompañados pola deputada da comarca do Condado-Pardanta, Cristina Fernández e outros compañeiros de partido, achegáronse á Fonte de Troncoso co fin de pór en valor esta peza arquitéctonica, obra do arquitecto Antonio Palacios, que leva anos en estado de abandono.

Por unha banda, o rexedor local César Gil, asegurou que a Fonte de Troncoso «é o lugar onde naceu Mondariz Balneario, e onde queremos que volva a rexurdir». Do mesmo xeito, instou a Xunta a cumprir co compromiso acadado no ano 2022 cando «acordaron a rehabilitación de dita fonte».

Pola súa parte, a portavoz nacionalista Ana Pontón fixo fincapé no estado deplorable no que se atopa a Fonte de Troncoso. Alí mesmo, declarou que o «se trata do único ben realizado por Antonio Palacios que se atopa en risco de derrube«.

Do mesmo xeito, Pontón quixo agradecer e felicitar ao Concello e á veciñanza de Mondariz Balneario «polo exemplo que nos deron ao longo destes últimos meses con todo o que tivo que ver coa recepción de poboación inmigrante«.

A maiores, a portavoz nacional, Ana Pontón, referiuse dende Mondariz-Balneario á votación que terá lugar hoxe para que o galego sexa lingua oficial na Unión Europea e lamentou que o PP, “en vez de arrimar o ombro e traballar a favor do galego”, intente “poñer pedras no camiño con manobras con outros Estados para que voten en contra deste recoñecemento, tal e como se coñeceu onte», indicou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS