A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou xunto a concelleira de Medio ambiente, mantemento de zonas urbanas parques e xardíns, Laura Méndez, e o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo, visitou a Avenida de Sanguiñeda para supervisar o plan de limpeza estival das zonas urbanas do Concello.
Nesta liña de actuación, ponse en marcha tamén o acondicionamento e remodelación de varias zonas do Concello, sendo Sanguiñeda o primeiro dos lugares nos que se procederá á limpeza de beirarrúas, mellora de mobiliario urbano e pintado do pavimento, onde ademais da limpeza con hidrolimpadora ou disco das beirarrúas, prevense tamén medidas de mellora nas mesmas ou no mobiliario urbano ata a zona do CEIP Mestre Valverde Mayo.
O servizo de limpeza e acondicionamento tamén se efectuará nas prazas do Pazo de Mos e do Concello, na zona peonil de Torroso, nas beirarrúas do Pavillón Óscar Pereiro, na entrada do Multiusos, nos cemiterios municipais de Mos e Torroso e nas beirarrúas de Cantín.
Servizo de roza
Pola súa banda, o servizo de limpeza especial para rozar as herbas en beirarrúas, servizo que non está incluído no servizo de limpeza viaria do Concello, actuará tamén na zona de Tameiga, nas beirarrúas de acceso á urbanización de San Eleuterio, na Estrada da Vía en nas novas beirarrúas do entorno do campo de fútbol. En Pereiras está prevista a súa actuación nas novas beirarrúas do Adro Vello e, en Petelos, dende Porteliña ata a Capela de San Amaro e ata o Multiusos-Pavillón Óscar Pereiro.
No entorno de Cela, traballarase dende o Colexio O Castro British International School ata a Igrexa de Cela, nas beirarrúas ata San Cosme e no entorno da Capela. En Guizán, procederase a una nova humanización na Estrada Louriño; e en Santiaguiño, no entorno do Camiño de Santiago. Xa en Torroso, trabállase nas beirarrúas da urbanización da estrada de As Baloutas, no entorno da Igrexa de San Mamede, nas beirarrúas de ASODIFISI e na entrada do cemiterio Municipal.