Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeNewsActualidadeA oficina móbil VIDOC volve a Baiona no mes de xuño

A oficina móbil VIDOC volve a Baiona no mes de xuño

A oficina móbil VIDOC, para a expedición e renovación do Documento Nacional de Identidade e do pasaporte volve a Baiona para dar servizo aos veciños e veciñas da vila os días 6 e 24 de xuño.

As citas xestionaranse exclusivamente por vía telefónica, o vindeiro 30 de maio, en horario de 8:00h a 14:00h a través do número de teléfono 986 358 011.

Dende o goberno local informan que “no caso de que queden ocos dispoñibles, asignaranse nos días posteriores” aínda que lembrar que “debido á alta demanda, as prazas esgotaranse con rapidez”.

A unidade móbil da Policía Nacional situarase na rúa Dolores Agrelo número 7, á beira do pavillón de deportes municipal e o horario de atención será de 9:45h a 12:45h.

Desde o Concello de Baiona agradecen “a colaboración cidadá” e animan “aos veciños para aproveitar esta oportunidade para a obtención ou renovación dos seus documentos oficiais de maneira cómoda e próxima”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS