Numerosos equipos de extinción traballan co obxectivo de sufocar un incendio que se declarou a primeira hroa desta tarde nunha fábrica de mobles que se localiza no municipio de Salceda de Caselas. A pesar de que se concentra alí unha gran fumareda, todas as persoas traballadoras poideron abandonar as instalacións polo seu pé sen a intervención dos efectivos das urxencias sanitarias.
O lume iniciouse a primeira hora desta tarde do xoves 21 de maio na nave de Muebles San Jorge en Salceda de Caselas, que se localiza na rúa Doctor Zunzunegui. Desde o 112 Galicia indican que os equipos de extinción continúan traballando para conter e apagar o lume.
Ata o lugar se desprazaron os bombeiros do Baixo Miño, os de Ponteareas e O Morrazo así como efectivos da Policía Local e da Guardia Civil.