As piscinas ao aire libre da praia de Samil estarán abertas ao público a partir deste venres 23 de maio. As persoas poderán desfrutar delas ata o próximo 30 de setembro a partir das 12:00 horas e ata as 21:00 horas. As instalacións contarán con 12 socorristas para garantir que as xornadas se desenvolvan con total seguridade.
Así o anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen indicou que «o areal de Samil é o único de Europa que conta con piscinas gratuítas a disposición dos usuarios». Ademais, lembrou que o Concello realizou «o mantemento das instalacións con limpeza de graffitis, nova cartelería, renovación de motores ou cambios de filtros para poder prestar o mellor servizo».