Comeza a conta atrás para a chegada do verán e da súa man, tamén para a presentación do programa de TVE ‘El Grand Prix del Verano‘. Con todo, o programa vén de anunciar os dez concellos que competirán durante a edición do 2025, sendo un deles o concello ourensán de Celanova.
Xunto á localidade galega, participarán no programa outros nove municipios, que son:
- Huelma (Jaen)
- L’Ollería (Valencia)
- San Sebastián de la Gomera (Isla de la Gomera -Tenerife)
- Herencia (Ciudad Real)
- L’Arboç (Tarragona)
- Urduliz (Vizcaya)
- Alagón (Zaragoza)
- Peñaranda de Bracamonte (Salamanca)
- Cubas de la Sagra (Madrid).
Con todo, tras a gravación do vídeo promocional realizado o pasado 12 de maio na Praza Maior, o Concello de Celanova superou a fase final na que se escollían os dez municipios participantes desta nova edición.
Así, veciños e veciñas de Celanova competirán este verán por gañar o premio do programa así como entreter a público e asistentes. Ademais, este ano o programa vén de anunciar unha novidade: a madrileña Lalachús será co presentadora do programa xunto a Ramón García.