Ourense quenta xa os fogóns para a súa cita coa gastronomía. Trátase do Concurso de Pinchos 2025 que organiza o Concello da cidade das burgas a través da concellería de Turismo e Termalismo e que este ano se celebrará desde o 13 de xuño ata o 21 de xuño, ambos incluidos. Os establecementos da hostalería da cidade que estean interesados en participar nesta 22 edición teñen ata o 6 de xuño para formalizar a súa participación a través da páxina web habilitada a tal fin.
Concurso de Pinchos 2025 en Ourense
Así, comeza a conta atrás para que Ourense dea o pistoletazo de saída á 22 edición do Concurso de Pinchos da cidade. O obxectivo é promocionar a gastronomía local entre os veciños e as veciñas así como as persoas que se acheguen ata a localidade. Participarán un mínimo de 50 locais que habitualmente xa ofrecen pinchos aos seus clientes.
Cal será o prezo dos pinchos?
Segundo indica o Concello nas bases, o perzo dos pinchos deberán oscilar entre os 2,50 euros e os 4 euros con IVA incluido. Ademais, a organización especifica que os locais deberán indicar se son aptos para as persoas celiacas e sobre os alérxenos que contén a proposta gastronómica.
Categorías e premios
O concurso de pinchos de Ourense deste ano 2025 establece tres categorías ás que os locais poderán adherirse a dúas delas.
- Pincho clásico: As propostas que xa están no menú habitual dos locais e que se manterán durante toda a tempada. Os premios serán outorgados por votación do público e un xurado, con media ponderada
- Pincho innovación 2025: As propostas que son creacións inéditas e orixinais que empregan produtos, técnicas ou presentación innovadoras, «buscando un sabor exquisito», segundo indica o Concello nas bases. A votaión será por público e un xurado con media ponderada
- Premio adicional ao mellor pincho celíaco: Será outorgado polo xurado para pinchos sen glute
Premios da Ruta de Pinchos de Ourense 2025
As bases desta edición establecen ata tres premios na categoría de Pincho clásico e pincho innovación 2025 de 1.500 euros, 1.000 euros e 500 euros, respectivamente. A publicación dos premios terá lugar o 22 de xuño. Será de 400 euros para o mellor pincho que non conteña glute.
