martes, mayo 20, 2025
InicioNewsComarcasTui abre o prazo para solicitar as autorizacións para prender as fogueiras...

Tui abre o prazo para solicitar as autorizacións para prender as fogueiras de San Xoán

O Concello de Tui xa pensa nunha das celebracións máis agardadas polos galegos e polas galegas. Neste contexto, as persoas que desexen pasar a noite máis máxica do ano neste municipio do Baixo Miño deberán solicitar o permiso ata o luns, 2 de xuño. Ata esa data se pode presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán. Nun bando da alcaldía infórmase das normas e condicións de seguridade para a realización das cacharelas. A solicitude debe presentarse por sede electrónica xunto ao nome, apelidos e DNI da persoa solicitante, o enderezo, teléfono, copia do DNI das persoas responsables, e plano de situación con indicación de lugar. Tamén se debe achegar unha memoria descritiva na que se recollan as actuacións a realizar e o aforo máximo previsto e a póliza de seguro de responsabilidade civil.

Condicións para as fogueiras de San Xoán en Tui

As fogueiras deben realizarse en zonas idóneas, e coma mínimo a 20 metros de casas, árbores e demais obxectos. Non se poderán facer en praias nin preto de elementos patrimoniais. Non deberán exceder os 4 metros de ancho e os 2 ancho. De facerse en terreos de uso público lousados, asfaltados ou pintados débese protexer o pavimento cunha capa de area de 10 centímetros en toda a superficie.

Outras da condicións de seguridade a ter en conta serán ter a man mangueiras ou extintores. Non se poderán queimar pneumáticos ou plásticos, e a fogueira non se situará no lado oposto ao vento. As fogueiras deberán quedar completamente enterradas ou apagadas ao remate das celebracións, que coma moi tarde será ás 4 h da madrugada. Outra das cuestións a ter en conta será dispor unha pequena caixa de primeiro auxilios.
No bando emitido pola alcaldía pódense consultar as condicións completas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS