A Real Academia Galega (RAG) vén de anunciar que acepta a incorporación da palabra «alfombreiro» e «alfombreira» ao dicionario. Trátase dun recoñecemento ao labor das persoas que se dedican á realización de alfombras florais e a arte efémera, nomeadamente, no Corpus Christi de Ponteareas.
Deste xeito, O Seminario de Lexicografía da RAG acepta esta proposta que surxiu da Asociación de Alfombristas de Ponteareas e oficializa o término para referirse á «persoa que fai, amaña ou verde alfombras» tamén como adxetivo co significado de «relativo ás alfombras».
Cando se publicará?
Segundo avanza a RAG nunha carta emitida, a decisión de incorporar a palabra «alfombreiro/a» tomouse o 19 de febreiro de 2025. Con todo, haberá que agarda para consultar esta voz na edición en liña do Dicionario da Real Academia Galega ata a próxima actualización que realice a insitución.
Corpus Christi 2025 en Ponteareas
Esta decisión chega ao municipio de Ponteareas cando queda algo máis dun mes para que se celebre unha nova edición do Corpus Christi 2025. Será o 22 de xuño cando a capital da comarca do Condado se engalane, de novo, coa súas alfombras florais e arte efémera grazas ao traballo incansable dos seus veciños e veciñas.