Moaña celebrará, un ano máis, a súa Festa da Diversidade “máis forte, máis libre e máis orgullosos e orgullosas ca nunca”, segundo explican desde o Concello. Ademais, a administración local explica que se trata “dun grito de liberdade que xa é refente en Galicia, un espazo seguro, festivo e reivindicativo” e avanza unha novidade posto que “este ano muda de sitio”. Con todo, avisan “non perde nin un chisquiño da súa esencia”.
Cando se celebra?
Moaña converterase na capital da diversidade o próximo venres 30 de maio cunha serie de actividades que se estenderán ata o sábado 31 de maio. Entre elas, destaca a lectura do Manifesto da Diversidade por Jesús López Alonso ou a presentación do libro de Carlos Callón, Vidas e historias LGTB na Idade Media.
A programación comezará o venres ao mediodía, a partir das 12: 00 horas e terminará o sábado de madrugada con música DJ. Ademais, haberá un bingo musical, un xantar romería, sesión vermú e diferentes faladoiros sobre temas como os estigmas ou a educación.
Programación
As actividades para render homenaxe á diversidade comezarán o próximo venres 30 de maio a partir das 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Moaña. Será entón cando teña lugar a intervención de Sheela Tato nos bancos da Praza Constantina Pérez Calvar. Ás 20:00 horas terá lugar a lectura do Manifesto da Diversidade por Jesús López Alonso e quince minutos máis arde, ás 20:15 horas, Carlos Callón presenta o seu libro Vidas e historias LGTB na Idade Media.
A reinvindicación continuará en Moaña o sábado 31 de maio cunha ruta polo Sendeiro do Barranco do Faro a partir das 10:30 horas e unha sesión vermú con La Kristopher ás 12:30 horas no Arboredo da Xunqueira. As persoas que desenxen compartir o xantar durante esta xornada deberán levar taper e manta para participar no “Xantar-Romaría”.
O bingo musical terá o seu espazo a partir das 17:00 horas con Miss RRRita e unha hora máis tarde comezará o faladoiro “O ensino como espazo de liberdade”, que o imparte Laura Boubeta e Ana Ojea da Rede Educativa LGTBIQ+. Ás 18:30 horas tomará a palabra Pablo Barrio para falar sobre o estigma. A Gala Drag Rural con Miss Rrrita, Kim Miller e Kelly Amethyst continuará a programación, entre outras cuestións.


