As comarcas do sur de Pontevedra énchense de actividades e plans para toda a familia e todos os gustos, principalmente centradas nas celebración das Letras Galegas, adicadas este 2025 ás cantareiras.
Sábado 17 de maio
Salceda de Caselas organiza unha xornada adicada ás Letras Galegas con música, obradoiros e gastronomía local.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza a tradicional Marcha Ciclista polo día das Letras Galegas.
O pelotón sairá da Praza do Concello ás 10:00h.

En Tui, poderá visitarse o novo mercado efémero Mercate, que conta coa participación de artistas locais cos seus postos de venda.

Tomiño celebra o día das Letras Galegas con concerto da Agrupación Musical de Goián, obradoiros e descontos do 40% en libros coa versión en galego.

Ponteareas presentará o documental «A memoria das cantareiras de Ponteareas» no Auditorio Reveriano Soutullo ás 19:30h.
O evento tamén contará coa actuación das cantareiras e pandereteiras da A.C. Os Muíños de Oliveira e as Pandereteiras da A.F. Algazara.

En Mos terá lugar o Festival A Ruada das nosas Pandereteiras así como o concerto de Arume.
A seguir, o domingo 18 será a quenda dos máis pequenos co contacontos ‘Os Contos de Lobicán’.

No Concello de Mondariz haberá un acto de homenaxe ás Pandereteiras de Mondariz que terá lugar no Auditorio do Centro Social ás 17:00h.

O Porriño acollerá a celebración do Festival Folclórico das Asociacións Culturais e Veciñais.
O evento dará comezo ás 19:00h na Praza do Cristo.

Domingo 18 de maio
O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra de Miño ofrece unha xornada de portas abertas con motivo do Día Internacional dos Museos.
É preciso inscrición previa.

Tamén en Salvaterra, terá lugar o concerto das Letras Galegas no Parque da Canuda ás 18:00h.

O grupo Malvela actuará no auditorio do Rosal con motivo da celebración do día das nosas letras.
O evento dará comezo ás 20:00h.

Raposa presentará o seu novo disco «un amor» con posterior concerto en Ponteareas.
O evento terá lugar ás 20:00h na Sala Multiusos do Auditorio.

Para os máis pequenos, Mondariz acollerá nos xardíns do Concello o contacontos ‘O censor de monstros’.
Dará comezo ás 18:30h.
