jueves, mayo 15, 2025
InicioNewsActualidadeTraxedia na Cañiza: Unha muller falece tras ser atropelada pola furgoneta do...

Traxedia na Cañiza: Unha muller falece tras ser atropelada pola furgoneta do pan

Traxedia na capital da comarca da Paradanta. Sobre as 13:00 horas deste xoves, un particular informou ao 112 Galicia sobre un suceso na parroquia de Petán. O alarmante indicou que unha furgoneta de reparto do pan acababa de atropelar a dúas persoas no Portonoval, na aldea de Petán.

Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, todo apunta a que o vehículo estaba parado e sen condutor. A furgoneta foise cara atrás, atrapando a dúas persoas debaixo, unha delas a propia panadeira, quen tivo que ser trasladada ao hospital nun helicóptero medicalizado. A outra muller faleceu no acto.

Ata o lugar, desprezáronse as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense, o GES-SPEIS de Ponteareas e os axentes da Garda Civil así como os da Policía Local da Cañiza. Os bombeiros liberaron ás dúas persoas, pero os profesionais sanitarios, malia os esforzos, non puideron facer nada por salvarlle a vida a unha das mulleres que quedaran atrapadas baixo a furgoneta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS