O aparcamento da rúa Sarmiento Rivera, en Ponteareas, acollerá este venres 16 de maio a celebración do Festival Bailotea.
O festival, con entrada libre e gratuíta, acollerá as actuacións dos DJs Alex Martini, Groove Amigos, Joana River, DMiron, Muíños, Diego Mei, DJ Vaque con Denis el Remix.
Ademais, durante a celebración do festival terá lugar a final en directo da categoría de DJ do concurso Talento Xove promovido polo Concello de Ponteareas.
Horarios Bailotea
Deste xeito, os horarios do festival serán os seguintes:
18:00h – Final de DJ’s Talento Xove
19:30h – DJ Vaque con Denis el Remix
20:30h – Diego Mei
21:30h – DMirón
22:30h – Joana River
23:30h – Alex Martini
00:30h – Groove Amigos
1:30h – Muíños

Estacionamento pechado
O Concello de Ponteareas vén de anunciar que o aparcamento Sarmiento Rivera permanecerá pechado ao público dende as 8:00h do venres 16 de maio ata o fin do evento.
