Este sábado, 17 de maio, o Paseo da Corredoira tudense acolle unha nova edición da “Feira do Libro Galego” que dende hai 26 edicións achega a produción editorial galega á veciñanza, visitantes e lectores. Neste ano as librarías locais, Libraría Iris e Libraría Nobel, ocuparan 15 postos de venda onde se amosarán as novidades tanto literarias como de non ficción para a infancia, mocidade e lectores adultos, cun desconto do 10%.
A inauguración da feira terá lugar ás 12:00h co pregón a cargo do historiador Bieito Alonso e ao longo da xornada celebraranse diversas actividades de animación e música na vila.
Así, a Compañía Espectácular actuará ás 12.30h cunha proposta para público
familiar titulada “Os mundos de Elisa”. Ás 18:00h será a quenda de María Faltri co “Coa pandeireta na man” e o programa de actividades pecharase ás 19.30h coa actuación das cantareiras da asociación cultural “Darraia”.
Ademais, ao longo da toda a xornada na Oficina de Turismo se poderá visitar a
exposición de ata dez pósters dedicados as cantareiras populares a quen se adica este ano o Día das Letras, realizados polo alumnado doutros tantos centros educativos tudenses.
A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, sinala que
«esta nova edición, a vixésimo sexta, da Feira do Libro Galego é unha excelente oportunidade para achegarse ao libro e a lectura. Sonsoles Vicente agradece o protagonismo das dúas librarías tudenses, Iris e Nobel, pois sen elas e o seu empeño esta Feira do Libro Galego non sería posible».