Os veciños e as veciñas de Mos uniranse, de novo, para manifestarse en contra do proxecto do Ministerio de Tansportes para a A52. Ademais, reclamarán a supresión da peaxe da AP9 porque «Mos non se vende». A protesta terá lugar este venres 16 de maio a partir das 19:00 horas fronte á discoteca Queen.
E é que a comisión de seguimento contra a construción da nova variante da autovía A52, da que tamén forma parte o Concello liderado por Nidia Arévalo, decidiu nunha xunanza convocar esta manifestación «pola supresión da peaxe» e polo «non á nova autovía».
Nidia Arévalo é a alcaldesa de Mos:
