jueves, mayo 15, 2025
InicioNewsActualidadeA historia de Manuela Rey chega ao Teatro Principal de Ourense

A historia de Manuela Rey chega ao Teatro Principal de Ourense

O Teatro Principal de Ourense acollerá este venres, 16 de maio, ás 20.00 horas, a representación da obra “Manuela Rey is in da house”, de Teatro do Noroeste – Centro Dramático Galego. Deste xeito, o público que se achegue coñecerá «a historia esquecida do teatro galego e portugués, como é a de Manuela Rey», segundo indican desde a compañía. O obxectivo é «recuperar a memoria desta actriz e escritora».

Neste contexto, o deputado de Cultura, César Fernández, participou hoxe na presentación do espectáculo. Estivo acompañado por Francisco Javier Núñez Alonso, director do Centro Dramático Galego e Olga Mojón, directora do teatro.

Onde comprar as entradas?

As entradas están a venda na web do Teatro Principal de Ourense, así como en Ataquilla.com e no propio despacho de billetes do teatro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS