martes, mayo 13, 2025
InicioNewsActualidadeValença celebra o Festival 'Sabores da Raia': Dous días de música e...

Valença celebra o Festival ‘Sabores da Raia’: Dous días de música e gastronomía ao outro lado do Miño

A freguesía de Friestas, en Valença do Minho, transfórmase no epicentro da gastronomía transfronteiriza co Festival ‘Sabores da Raia‘, que ofrece unha viaxe polos sabores auténticos do Miño e de Galicia, nun ambiente repleto de animación e tradición.

O festival reúne os pratos máis emblemáticos da rexión como son o año no Forno, o polbo á Galega, os callos, o bacallau preparado de diversas formas, a tella de fumeiros e queixos, as tortillas ou o porco ao espeto, entre outros. Para acompañar, os visitantes poderán saborear os mellores viños verdes, brancos, tintos e espumantes, así como postres rexionais como as rosquillas e os papudos.

Os horarios de apertura serán, para o sábado 17 de maio de 11:00h a 2:00h e de 11:00h a 21:00h para o domingo 18 de maio. Os horarios contemplan a hora española. Ademais, o sábado 17 de maio realizarase a ruta de coches clásicos que percorrerá os puntos máis emblemáticos de Freitas.

Música como acompañamento

Durante as dúas xornadas do evento, haberá unha programación adicada á cultura musical entre a que se atoparán as actuacións da Banda de Gaitas de Caldelas de Tui, as charangas Os Imperiais de Taboexa e Cantos Somos de Tui, Augusto Canário, grupos de concertinas, Cristiana Sá, Jazz Band 23 e o DJ Pedro Pagodes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS