martes, mayo 13, 2025
InicioNewsComarcasRescatan a un home no Alto da Gloria, en Ponteareas, tras sufrir...

Rescatan a un home no Alto da Gloria, en Ponteareas, tras sufrir unha indisposición

O reloxo marca as 12:20 horas cando o 112 Galicia recibiu unha chamada duns particulares alertando sobre unha persoa que se atopaba no chan na localidade de Ponteareas. De xeito máis concreto, na zona que se lle conoce como «O Alto da Gloria». Ata o lugar, desprazáronse os bombeiros de Ponteareas, os axentes da Policía Local e os da Garda Civil do municipio.

Segundo puido saber Si Radio, a persoa que se atopaba no chan é un traballador dunha empresa de madeira que estaba realizando labores na zona. Foi entón cando sufriu unha disposición e uns veciños que camiñaban polo Alto da Gloria atopárono. Minutos máis tarde, chegou un compañeiro do home que fora a realizar unha tarefa a unha zona máis alonxada da que se atopaban.

Finalmente, o helicóptero medicalizado trasladou ao home, xa consciente, ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS